Tuesday 02 de July de 2024

O local social do Sanguiñal acolle unha charla informativa sobre Dano Cerebral Adquirido impartida pola asociación Sarela


O local social do Sanguiñal encheuse este martes para acoller a charla informativa sobre Dano Cerebral Adquirido (DCA) impartida por Fátima Cabanas, auxiliar do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica da Asociación de dano cerebral de Compostela (Sarela). Unha xornada na que Cabanas compartiu coa veciñanza de Lousame, na súa maioría persoas de idade avanzada, que o ictus é a primeira causa do DCA e indicou boas prácticas e recursos para previlo.

Esta xornada informativa estivo organizada por Sarela, en colaboración co Concello de Lousame e a Consellería de Política Social e Igualdade. Unha iniciativa subvencionada pola Xunta de Galicia a través do Convenio Nominativo con Fegadace para o ano 2024.